Perfil de acceso

¿Que é o que precisas para poder acceder ao Master?

Master Turismo Ourense

Para acceder aos ensinos oficiais de Master será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Master.

Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao (é necesario para iso cubrir o impreso de solicitude de equivalencia). O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de Master.

O requisito principal é ter unha titulación universitaria (diplomatura, licenciatura ou grao), reservándose o 80% das prazas, tanto na modalidade presencial como semipresencial, para os titulados en turismo.

Unha vez recibidas na Secretaría de Masters (Campus de Ourense) as preinscricións, a Comisión Académica do master reunirase e avaliará as mesmas, elaborando unha listaxe provisional de admitidos e excluídos a matrícula. Tras os días estipulados para posibles reclamacións, esta reunirase de novo elaborando a lista definitiva de admitidos e excluídos a matrícula, valorando as novas preinscricións se é o caso.
A Comisión Académica do Master estará composta por un presidente (o coordinador do Master), secretario/a, un representante de calidade do centro e catro vocais (profesores/as do Máster)

¿Qué é o que valoramos?

En ambas as modalidades, na selección, valórase:

  • O expediente académico.
  • Experiencia profesional.
  • Estancias no estranxeiro.
  • Coñecemento de idiomas.
  • e outros méritos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies