Modalidades

O Master consta de tres modalidades: presencial, semipresencial e non presencial.

  • Modalidade presencial: nesta modalidade séguese a avaliación continua a través de traballos, casos prácticos, asistencia a clase xoves, venres e sábado, segundo o horario de cada cuadrimestre, sendo obrigatorio asistir polo menos ao 80% de cada materia para ter dereito a avaliación continua en primeira convocatoria, e exame dependendo da materia (cada materia especificará o seu método de avaliación na guía da mesma).
  • Modalidade semipresencial: neste caso ofertaranse unha serie de clases de apoio en xoves e venres pola tarde, ás que o alumnado deberá asistir nunha porcentaxe mínima do 25% por materia. Tamén se colgará todo o material na plataforma en liña da Uvigo, na cal o alumnado poderá obter a documentación do curso, guías e manuais prácticos de apoio e os casos prácticos a realizar.
  • Modalidade online (non presencial): nesta modalidade séguese a avaliación continua a través de traballos do mesmo xeito que nas outras modalidades, pero todos os materiais deben ser descargados e entregados a través da plataforma da Uvigo. Nela o alumno pode acceder aos materiais de cada materia e as gravacións das clases. O alumno poderá contactar coa docentes vía mail, teléfono ou concertar tutorías online. Os exames realizaranse tamén de modo online.
As tres modalidades impártense en español, dando opción aos alumnos de entregar as actividades e traballos propostos en español ou galego. Cabe a posibilidade de entregar as actividades ou o Traballo Fin de Master, ademais de en español ou en galego, en inglés ou portugués (para o que previamente hai que solicitalo á coordinación do master).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies