Máster Turismo Ourense > Blog > Foros y cursos > Seminario: Desenvolvemento rural e espazos naturais
Seminario: Desenvolvemento rural e espazos naturais
- 06 de Maio de 2018
- Posted by: Noelia Araújo
- Category: Foros y cursos General
Non hai comentarios
A Fundación Juana de Vega en colaboración co Concello de Vilariño de Conso (Ourense), organiza do 8 ao 10 de xuño o Seminario “Desenvolvemento rural e Espazos Naturais”centrado no debate sobre “que facer” en Galicia cos espazos naturais nos ámbitos de baixas densidades demográficas xa que un terzo do Concello de Vilariño de Conso está incluído no Parque Natural do Invernadeiro.
O seminario coordinado polo Profesor Valerià Paül, contará coa participación de expertos na materia de contextos territoriais variados, entre eles: Johan Milian (Départament de Géographie, Université Paris), Ana Firmino (Departamento de Geografia e Planeamento Regional da Universidade Nova de Lisboa) ou Giacomo Zanolin (Dipartimento di Mediazione Linguistica e di Studi Interculturali de Milán).
Máis información e díptico