- Modalidade presencial: nesta modalidade séguese a avaliación continua a través de traballos, casos prácticos, asistencia a clase xoves, venres e sábado, segundo o horario de cada cuadrimestre, sendo obrigatorio asistir polo menos ao 80% de cada materia para ter dereito a avaliación continua en primeira convocatoria, e exame dependendo da materia (cada materia especificará o seu método de avaliación na guía da mesma).
- Modalidade semipresencial: neste caso ofertaranse unha serie de clases de apoio en venres pola tarde e sábado pola mañá -nunca de obrigatoria asistencia- e colgarase todo o material nunha plataforma en liña onde o alumno poderá obter a documentación do curso, guías e manuais prácticos de apoio e os casos prácticos a realizar. Como o peso de ambas as modalidades debe ser o mesmo, ademais dos traballos, casos e exames realizados polos alumnos da modalidade presencial na mesma materia, deberán de realizar algún caso, lectura ou exercicio complementario para chegar ao mesmo número de horas de traballo que a modalidade presencial.
- Modalidade online (non presencial): nesta modalidade séguese a avaliación continua a través de traballos do mesmo xeito que nas outras modalidades, pero todos os materiais deben ser descargados e entregados a través da plataforma da Uvigo. Nela o alumno pode acceder aos materiais de cada materia e as gravacións das clases. O alumno poderá contactar coa docentes vía mail, teléfono ou concertar tutorías online. Os exames realizaranse tamén de modo online.
Modalidades
O Master consta de tres modalidades: presencial, semipresencial e non presencial.
As tres modalidades impártense en español, dando opción aos alumnos de entregar as actividades e traballos propostos en español ou galego. Cabe a posibilidade de entregar as actividades ou o Traballo Fin de Master, ademais de en español ou en galego, en inglés ou portugués (para o que previamente hai que solicitalo á coordinación do master).