O Grupo Hotusa de Chantada selecciona os 50 mellores talentos
- Wednesday May 30th, 2018
- Posted by: Noelia Araújo
- Category: General Ofertas de empleo
O Grupo Hotusa de Chantada busca os mellores 50 mellores talentos en Galicia a través do portal de emprego Turijobs para integralos as súas oficinas de Chantada e nos diferentes hoteis pertencentes ao grupo empresarial.
O 12 de Xuño en Chantada e o 14 en Santiago celebraranse os eventos de selección Recruitment Open Day. Todos os demandantes de emprego que sexan seleccionados, terán unha cita cos responsabeis do departamento de Recursos Humanos. Deste xeito, Grupo Hotusa busca cubrir vacantes e diferentes departamentos; recepción, reservas, programación, cociña, sala, comercial e ventas entre outros moitos.
Segundo Grupo Hotusa, “o éxito dunha empresa reside no talento, a valía e a ilusión do seu equipo”. Dende a empresa seleccionarán a todos aqueles perfís que demostren unha gran confianza nas súas capacidades, interés por aceptar novos retos e sexan ambiciosos co fin de desenrolar carreira profesional na compañía hoteleira”.
Grupo Hotusa actualmente conta con 4.500 empregados e está posicionada como unha das principais compañías turísticas do país. A el pertencen, Hotusa Hotels, Keytel, Restel, Eurostars Hotel Company, Eurostars Hotels e Exe Hotels.