Curso: Turismo de benestar baseado na cultura da produción tradicional do viño, da cervexa e da sidra
- Sunday May 6th, 2018
- Posted by: Noelia Araújo
- Category: Foros y cursos General
A temática do curso versa sobre a vinculación do turismo con sectores de produción artesanal en auxe na actualidade. A produción artesanal de viño, cervexa e sidra está de moda, sendo cada vez máis os interesados non só no consumo destas bebidas, senón tamén no coñecemento do proceso produtivo ou no seu uso noutros eidos do turismo, como o termalismo e benestar (viñoterapia ou balnearios de cervexa -beer spa-). Xorde así unha nova oportunidade para o turismo, aparecendo interesados en desprazarse a certos destinos para coñecer de primeira man e involucrarse nestes procesos, actividade que pode ser tamén considerada como turismo experiencial.
Datas: 26-28 de setembro de 2018
Lugar de celebración: Allariz, Balneario de Cuntis e A Estrada.
Máis información: díptico.
Contacto: jafraiz@uvigo.es o naraujo@uvigo.es
Prezo: 50 euros (32,50 euros para comunidade universitaria Uvigo)
Preinscrición aberta