Congreso 50 anos de Economía en Galicia
- 15 de abril de 2018
- Publicado por: Noelia Araújo
- Categoría: General
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago foi a sede dun gran congreso con motivo dos 50 anos dos estudos de economía e empresa en Galicia (12 e 13 de abril de 2018).
O día 13 celebrouse unha mesa á que acudiu o coordinador do noso master, xunto María Nava Castro e Fidel Mártínez.
O turismo como fonte de riqueza: rural, termal, cultural…
Nos últimos 50 anos a actividade turística experimentou un importante crecemento. Galicia conta na actualidade cunha oferta importante e diversificada. Unha das características máis importantes da súa actividade turística é, precisamente, que non depende dun único tipo de turismo. Galicia conta cuns atributos internos óptimos para o crecemento de distintas modalidades de turismo, polo que se teñen desenvolvido, con máis ou menos intensidade, o turismo de sol e praia, o turismo rural, o de aventuras, o gastronómico, o náutico, o de saúde e o relixioso e cultural, sen esquecernos da importancia estratéxica do Camiño de Santiago.
Na actualidade o turismo representa máis do 11% do PIB e do 12% do emprego da comunidade. Incrementar a duración das estadías, reducir a estacionalidade turística, incrementar o peso do turismo internacional e orientar a actividade nunha senda de desenvolvemento sostible, na que todos os axentes saian beneficiados, son algúns dos retos que se deben afrontar nun futuro inmediato.
María Nava Castro Domínguez
Fidel Martínez Roget
José Antonio Fraiz Brea